O 25 de novembro, con motivo do día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, elaboramos entre todo o alumnado do centro un mural coa silueta de tres mulleres.
Cada curso aprendeu a utilizar a cortadora Láser, deseñando formas xeométricas en cartolina para despois pegalas no mural. Ao principio non imaxinaban como esas pequenas pezas ían quedar ben, pero ao rematar comprobaron como o traballo en equipo levounos a un resultado fermoso.
Aquí tedes algunhas fotos do proceso do mural:
Tamén, no patio da escola, cantaron entre todos a canción que prepararon nas clases de música: "Por elas" de Adhara e Ritman.
Ningún comentario:
Publicar un comentario