20260423

DÍA DO LIBRO (23 DE ABRIL)

Con motivo da celebración do día do Libro, o alumnado fixo cos libros expurgados unha intervención artística. Potenciando así a súa creatividade e habilidades artísticas reutilizando un obxecto que aínda que o ven a diario, non imaxinaban que dera tanto xogo.

Tedes a exposición na entrada do colexio. Disfrutádea!






20260422

DESEÑANDO PEZAS DE SARGADELOS

Todo o alumnado de primaria estivo deseñando a súa propia peza seguindo as directrices da marca Sargadelos e, coas distintas pezas, formamos un mural para a entrada da biblioteca. 

Vaia artistas!



Os nenos e nenas de Infantil traballaron con témperas e selos de formas xeométricas, feitos coa cortadora láser, para estampar en cartolinas, imitando os patróns de Sargadelos. 
Con estas cartolinas crearemos un conto entre todo o alumnado do centro.