Fotos das Casiñas de Nadal feitas polo alumnado xunto coas súas familias.Preme na seguinte imaxe:
Moitísimas grazas pola vosa colaboración!
Fotos das Casiñas de Nadal feitas polo alumnado xunto coas súas familias.Preme na seguinte imaxe:
Moitísimas grazas pola vosa colaboración!
Unha vez escoitada a charla sobre Eloy Maquieira, era o turno do noso alumnado, exercerían como arquitectos e arquitectas para deseñar os edificios da nosa propia cidade imaxinaria.
Esta cidade está formada por un edificio escollido entre os traballos de cada aula, aínda que teriamos que poñelos todos xa que son unha marabilla!
O 25 de novembro, con motivo do día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, elaboramos entre todo o alumnado do centro un mural coa silueta de tres mulleres.
Cada curso aprendeu a utilizar a cortadora Láser, deseñando formas xeométricas en cartolina para despois pegalas no mural. Ao principio non imaxinaban como esas pequenas pezas ían quedar ben, pero ao rematar comprobaron como o traballo en equipo levounos a un resultado fermoso.
Aquí tedes algunhas fotos do proceso do mural:
Tamén, no patio da escola, cantaron entre todos a canción que prepararon nas clases de música: "Por elas" de Adhara e Ritman.
Fotos das Casiñas de Nadal feitas polo alumnado xunto coas súas familias.Preme na seguinte imaxe: Moitísimas grazas pola vosa colaboración...