Onte os alumnos de 6ºA e 6ºB fixeron unha saída ás instalacións de Cafés Candelas no polígono do Ceao, Unha saída moi interesante e didáctica na que foron agasallados con productos desta marca.
Grazas por tan boa acollida!
Onte os alumnos de 6ºA e 6ºB fixeron unha saída ás instalacións de Cafés Candelas no polígono do Ceao, Unha saída moi interesante e didáctica na que foron agasallados con productos desta marca.
Grazas por tan boa acollida!
Para poder traballar nas aulas ao arquitecto Eloy Maquieira, tedes dispoñible un material coa selección das súas obras máis representativas. Isto será moi útil para que elaboren o edificio escollido para a porta de cada aula, dende infantil ata 6º de primaria.
Ademáis podedes acceder ao enlace de "Lugo na memoria" para pasear virtualmente por Lugo e mergullarse nos edificios máis emblemáticos da cidade, recomendación que nos fixo Ángeles Porto.
O luns 10 de novembro contamos coa visita de Ángeles Porto autora, xunto co arquitecto Santiago Catalán, do libro: Eloy Maquieira: A pegada do racionalismo en Lugo.
Unha charla moi interesante sobre un dos arquitectos que transformou Lugo. Ángeles falounos de moitas obras de Maquieira: O Parque de Rosalía de Castro, As Casas Baratas, o edificio Roca, o xa desparecido Sanatorio Luis Pimentel... Ensinounos tamén a diferenciar o eclecticismo do racionalismo.
Grazas pola túa visita, Ángeles! foi un pracer para todos.
O mércores 5 de novembro, Roberto ensinounos o proceso de esmelgar o mel.
Que actividade tan interesante e doce!
Grazas, Roberto!
O venres 24 de outubro o alumnado do 1º ciclo de primaria visitou o Museo de Lugo para ver unha exposición sobre as abellas e tamén ver a lareira. Aproveitamos a saída para visitar a Praza de Abastos e dar un paseo polo centro da nosa cidade.
Fai clic na imaxe para ver todas as fotos da saída.O resultado foi arrepiante e pasámolo moi ben!
FOTOS SAMAÍN 2025/26Fotos das Casiñas de Nadal feitas polo alumnado xunto coas súas familias.Preme na seguinte imaxe: Moitísimas grazas pola vosa colaboración...