20251028
20251019
Próxima celebración: O Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro de 2025)
DÍA DAS ESCRITORAS (13 de outubro de 2025)
Nesta semana do 13 ao 17 de outubro, traballamos na biblioteca o Día das escritoras. Falamos e pensamos sobre dita celebración. Aprendimos o que é un díptico, no que viña un poema da escritora Dora Vázquez, unha das autoras homenaxeadas. Falamos do poema, dos versos, das rimas, do xeito de lelo e do seu significado, e mesmo o leron todos á vez. Un pracer ler xuntos!
Esta conmemoración estaba centrada nas escritoras de 1975 co lema de: Escribide, compañeiras!
XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA (alumnado de primaria)
Aquí van algunas fotos das distintas actividades feitas co alumnado de primaria en canto á formación de usuarios, na que aprenderon aspectos sobre o empréstito e a devolución dos fondos; as partes dun libro; a organización dunha biblioteca segundo a CDU (Clasificación Decimal Universal); xogos para colocar os libros por orde alfabética... Xa son uns expertos!
Hoxe celebramos o 8M [día internacional da muller]
Hoxe celebramos cantando o día Internacional da Muller. Interpretamos a canción de As Tanxugueiras e de Valeria Castro: "Hoxe, mañá e s...
-
O mércores 5 de novembro, Roberto ensinounos o proceso de esmelgar o mel. Que actividade tan interesante e doce! Grazas, Roberto!
-
O luns 10 de novembro contamos coa visita de Ángeles Porto autora, xunto co arquitecto Santiago Catalán, do libro: Eloy Maquieira: A pegada...
-
Benvidos e benvidas a o novo curso escolar 2025/26! A nosa biblioteca arranca xa e con moitas ganas! Esta semana comezamos coa formación de ...